A Xunta e a Fundación Rosalía de Castro mellorarán os edificios anexos a Casa-Museo de A Matanza

Uxía López Rodríguez
Uxía López PADRÓN

PADRÓN

Para iso, a Consellería de Cultura aportará 120.000 euros en dúas anualidades

29 jul 2017 . Actualizado a las 15:37 h.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro de Padrón, Anxo Angueira, acaban de asinar un convenio polo cal o goberno autonómico achega 120.000 euros para realizar diversas actuacións de acondicionamento e reforma nos anexos a Casa-Museo de A Matanza. Con esta intervención, Xunta e fundación buscan que tanto as actividades da entidade como as visitas á casa poidan desenvolverse nas mellores condicións posibles.

Para iso, a consellería, a través da Secretaría Xeral de Cultura, inviste 120.000 euros, distribuídos durante as anualidades de 2017 e 2018, cun monto para cada período de 60.000 euros.

 Así, as actuacións contemplan a rehabilitación xeral da envolvente completa dos edificios anexos na parte traseira da Casa Museo Rosalía. En concreto, o reacondicionamento da envolvente exterior, incluídas cubertas e carpinterías exteriores, canalóns e baixantes, do corpo de aseos, oficinas, arquivo, antiga casa Maruxa Villanueva e o edificio do auditorio. Así mesmo, acometerase a reforma da planta baixa da antiga Casa Maruxa Villanueva, para dar acubillo ás novas oficinas da Fundación Rosalía; e a rehabilitación integral dos antigos aseos abandonados como aseo accesible para persoas con mobilidade reducida.