Caldo de gloria para lembrar a Rosalía de Castro

A fundación de Padrón presentou os actos para conmemorar o 180 aniversario do nacemento da escritora


Padrón

A Fundación Rosalía de Castro presentou hoxe a programación prevista para o 24 de febreiro, Día de Rosalía, no que se cumpren 180 anos do seu nacemento. Entre as actividades está o Caldo de Gloria, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar”, no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. 

Deste xeito, todos os locais da hostalería de Padrón se unirán o 24 de febreiro a esta celebración, ofrecendo a mediodía e a noite o ‘Caldo de Gloria’, e desde a Fundación Rosalía convidan a que todo o país faga o propio nas súas casas e nos restaurantes, acompañándoo coa lectura de poemas rosalianos.

Asimesmo, o 24 de febreiro, na Casa de Rosalía, en A Matanza, volverá a cociñarse ese caldo, que farán os cociñeiros Benigno Campos e Merchi Rosal. Será o punto e final aos actos conmemorativos deste 24 de febreiro, que se lembrará en distintos concellos galegos e mesmo de Portugal.

Entre os máis destacados, está o acto do venres xunto a estatua da Alameda compostelá, que este ano cumpre un cento de anos e outro no Hostal dos Reis Católicos, onde se bautizou Rosalía hai 180 anos. Tamén en Padrón haberá ese mesmo día unha lembranza xunto a estatua da escritora no Paseo do Espolón.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Caldo de gloria para lembrar a Rosalía de Castro