A Casa de Rosalía estrea arquivo informatizado

Uxía López Rodríguez
Uxía López PADRÓN

PADRÓN

Toda a documentación histórica da fundación xa está ao alcance dos investigadores

30 dic 2015 . Actualizado a las 12:35 h.

A Casa-Museo de Rosalía de Castro, no lugar de A Matanza, en Padrón, estrea arquivo informatizado con toda a súa documentación histórica ao alcance dos investigadores. O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, anunciaron esta mañá a apertura do arquivo, logo de rematar a primeira fase de organización, descrición e informatización dos fondos da entidade, que se atopaban en "condicións lamentables", tal e como sinalou Anxo Angueira. 

Despois de tres meses de traballo por parte da especialista Silvia Arca, acometidos en parte grazas a unha axuda de 4.000 euros da Consellería de Cultura, o arquivo da Fundación Rosalía de Castro é xa un espazo aberto a investigación para que se coñezan e difundan os seus fondos. Así, xa está dispoñible toda a documentación histórica, a parte máis relevante dos fondos. 

Por iso, o de hoxe é un "día grande" para a Fundación Rosalía de Castro, segundo explicou o seu presidente, xa que "honra a súa memoria" ao recuperar un "valosísimo caudal de documentación que estaba absolutamente desordenada", dixo Anxo Angueira.

Esta primeira documentación recuperada e informatizada abarca ata o ano 1970, aproximadamente.