O Concello de Padrón fallou onte o XIV Premio Teatral Maruxa Villanueva a favor de Marta Pérez pola súa interpretación en Té con Kant, da compañía Inversa Teatro, converténdoa así en gañadora da edición 2014.
O xurado do certame valorou a «conxugación do didactismo co carácter lúdico», así como a igualdade como dereito e aspiración», que quedan plasmados na mencionada obra. Tamén destacou tamén o traballo de Marta Pérez á fronte de Inversa Teatro, indicando que «amosa unha capacidade de innovación na produción, con crecente proxección dentro e fóra de Galicia, que se transmite á orixinalidade e ó risco en todos os seus espectáculos».
O premio está dotado con 1.200 euros, un diploma acreditativo e un busto de bronce de Maruxa Villanueva do autor Camilo Seira. O xurado estivo presidido pola concelleira de Cultura Carmen Lois e formado, ademais, por especialistas en artes escénicas e teatrais, como Inma López Silva, Afonso Becerra, Caetano Biscainho e Roberto Pascual. O edil socialista Xosé Rei foi o representante da oposición.