Os «incendios» nas terras de Ordes chegan hoxe e mañá ao Salón Teatro de Santiago

La Voz

ORDES

CEDIDA

Represéntase o espectáculo «Relato para un incendio», una coproducción de aAntena e o CDG

13 ene 2023 . Actualizado a las 04:55 h.

Hoxe e mañá • 20.00 horas • Salón Teatro • 10 euros • A montaxe «Relato para un incendio» recala en Santiago durante dúas xornadas con dous feitos que se produciron nas terras de Ordes como argumento. Por unha banda, está a investigación sobre a bruxería en Galicia do etnógrafo danés Gustav Henningsen, que se detivo especialmente nesta comarca coruñesa e, doutra, a ruta incendiaria dunha gandeira da contorna en 2016. Sobre esta dobre base se tece unha proposta de teatro documento que busca poñer en valor o patrimonio cultural e natural, ao tempo que reflexiona sobre a súa conservación e sobre o significado da figura das meigas en Galicia.

A montaxe é unha coprodución da compañía aAntena co Centro Dramático Galego (CDG) como proxecto resultante da primeira edición da Bolsa de Dramaturxia e Creación. O texto é obra de Ernesto Is e conta coa dirección de Xosé Leis. O elenco artístico está conformado por Isabel Risco, Victoria Pérez e Manu Fernández.

Son máis de 90 funcións as que a unidade de produción escénica da Xunta desenvolverá ata finais de abril en Santiago, tanto na súa sede do Salón Teatro, como no Salón Nobre do Pazo de Fonseca e na Cidade da Cultura, con dúas produción propias — «Shakespeare en Roma» e «Un hotel de primeira sobre o río»— e catro coproducións.