Manuel Gago: «Os británicos definían Galicia nos 40 como zona de guerra»

Cruza en «O exército de fume» a presencia nazi coa historia dos guerrilleiros galegos


Este xoves, ás 20.00 horas, a Libraría Couceiro acolle a presentación da segunda novela de Manuel Gago «O exército de fume».

O relato está ambientado na Galicia de 1942. «A xente da época non tiña unha fotografía global do que acontecía», explica o autor. «Tiveron lugar dúas guerras ocultas ao mesmo tempo que non saían nos xornais». Por unha banda a presenza de barcos, submarinos e avións no litoral, no que exército nazi e aliado batallaban polo control das augas. Por outra, a actividade dos guerrilleiros. «Era fortísima, até o punto de que os espías británicos definen a Galicia como zona de guerra».

Nun exercicio que cruza historia, ficción e lenda o autor relata o que podería ter acontecido no cruce entre ambos conflictos.

Gago crea unha das protagonistas, unha mestra nova que chega á Costa da Morte. Do lado da lenda emprega a figura dos guerrilleiros, que xa daquela eran percibidos cunha aura mítica. Un dos máis coñecidos, Foucellas, serviu de inspiración para a segunda personaxe principal. O desexo de retratar a estes homes e mulleres xurde en Gago a raíz de comisariar a exposición «Galicia 100». Entre a serie de obxectos escollidos atopábase o mosquetón do mítico guerrilleiro. «Achegáronse persoas de Ordes, cuxas familias o gardaban na memoria, para eles era emocionante». Da beira da realidade desembarca a figura do pintor Urbano Lugrís, que servirá como inesperado fío conector.

O acto contará con tres narradores: Celso Sanmartín, Soledad Felloza e María da Pontragha, que recrearán o ambiente das memorias da guerra que se narraban nas casas, «moitas veces non en voz alta, e que non por recentes son menos valiosas».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Manuel Gago: «Os británicos definían Galicia nos 40 como zona de guerra»