Negreira vai este sábado de foliada con 24 grupos, comida popular e obradoiros

La Voz

NEGREIRA

Os Garuleiros organizan esta cita
Os Garuleiros organizan esta cita Cedida

Celebrará a primeira edición da Foliada Barcalesa con actuacións desde as 12.00 horas

26 may 2023 . Actualizado a las 22:07 h.

A primeira edición da Foliada Barcalesa encherá este sábado Negreira de música e baile tradicional durante máis de doce horas coa participación de 24 grupos. Pero a festa tamén incluirá xogos tradicionais, talleres de petanca (12.30 a 21.00 horas), inchables, postos de artesanía e un obradoiro de baile tradicional (16.00 horas). Tampouco faltará xantar e cea popular.

A actividade, organizada por Os Garuleiros e o Concello de Negreira, comezará xustamente cun pasarrúas a cargo do grupo anfitrión ás 12.00 horas. Despois ao longo da xornada participarán outras formacións tanto de Negreira como doutras localidades como A Baña, Brión, Rois, Santa Comba, Porto do Son e mesmo desde Burela, que actuarán na Praza do Concello. A partir das 22.30 horas hai queimada gratuíta para todos asistentes e, ás 23.10 horas, empezará a foliada aberta.