Adeus ao mestre Emilio Andújar, referente musical de Barcala

E. forján NEGREIRA / LA VOZ

NEGREIRA

FORXÁN

Fundou míticas orquestras como a que levaba o seu propio apelido, ou a Río Verde

09 feb 2019 . Actualizado a las 20:12 h.

A comarca de Barcala despide hoxe a un dos seus músicos de referencia. Faleceu o negreirés Emilio Andújar Riveiro, aos 98 anos, quen foi fundador de míticas orquestras como a que levaba o seu propio apelido, ou a Río Verde. Esta última creouna no ano 1973 e estaba integrada por seis músicos, que se mantiveron nesa formación ata a súa desaparición, sete anos despois da súa primeira actuación.

Andújar, quen tocaba o saxo de maneira maxistral, unha vez retirado das orquestras centrou a súa vida profesional na ensinanza musical dos máis novos da Baña. Froito dese intenso traballo, no ano 1982 fundou a Banda Infantil da Baña, coa que percorreu Galicia, e con actuacións por España e o estranxeiro. Hoxe, ás cinco menos cuarto da tarde, terán lugar os actos de inhumación, dende o tanatorio de Barcala á igrexa e cemiterio de Ordoeste.