Xabier Díaz encheu a Noite Folk de Negreira de tradición e autoestima

EMILIO FORJÁN NEGREIRA / LA VOZ

NEGREIRA

FORXAN

Centos de persoas disfrutaron coa súa música e a das Adufeiras de Salitre, a de Malvela e Caxade

20 ago 2018 . Actualizado a las 18:50 h.

«Tedes un concello e un val marabilloso, e unha natureza fantástica para disfrutar. Eu son un dos afortunados que a disfruta». Con estas palabras despedíanse Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre dun entregado público que os arropou, acompañando as cancións do seu último traballo, «Noró», e do primeiro disco «The Tambourine Man», de principio a fin, nun concerto máxico, o da décimo sexta Noite Folk de Negreira, onde a pesar da friaxe pola proximidade do río Barcala, centos de persoas, moitas delas vidas dende Santiago ou Ames, non quixeron perderse unha das grandes citas do verán coa música tradicional na área de Compostela.

Antes que Xabier Díaz, foron as cantareiras de Malvela as encargadas de amenizar a espera, pechando Alonso Caxade, agradecido por actuar por segunda vez en Negreira, lembrando que despois de dous discos aínda non ten actuado no seu concello natal, o de Ames, algo polo que dixo segue agardando, despois de interpretar temas do seu segundo traballo, «E isto é o amor», e do primeiro, «A dança dos moscas».