Afonso Eanes insiste en pedir apoio á súa proposta sobre a memoria histórica

Ve sorprendente que o Concello de Negreira apoie actividades noutros municipios e quere diálogo sobre o seu plan


Negreira / la voz

O colectivo cultural Afonso Eanes sinala nun comunicado que a menos dun ano do fin do actual mandato, os concellos da comarca non se manifestaron «de forma clara e concisa, nin a establecer un espazo de memoria da represión, nin a organizar un acto de conmemoración e recoñecemento explícito das vítimas da comarca, nin á aplicación completa da Lei 52/2007 e a retirada inmediata de toda a simboloxía fascista dos lugares públicos de Barcala».

O da Baña «basicamente, gardou silencio, mentres que o de Negreira se escusou en que quixemos imporlle á corporación unha proposta pechada», acrecentan.

Ven sorprendente que o alcalde de Negreira veña de participar nun acto de entrega dos restos das vítimas da represión franquista exhumados en Paramos, no Val do Dubra. É por iso que insisten en que se valore o proxecto que presentaron xa en 2016, sobre o que «continuamos dispostos a dialogar», indican.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Afonso Eanes insiste en pedir apoio á súa proposta sobre a memoria histórica