Adeus ao veciño máis lonxevo do municipio de Negreira

La Voz NEGREIRA / LA VOZ

NEGREIRA

FORXÁN

Con 102 anos, era o varón de maior idade do municipio, só superado por unha veciña que hai poco alcanzou os 103

09 jun 2018 . Actualizado a las 05:10 h.

Fondo pesar no municipio de Negreira polo pasamento, no día de onte, de Bienvenido Antelo Méndez, o veciño da parroquia de Landeira, de 102 anos de idade, o segundo máis lonxevo do concello, só superado por unha veciña que recentemente superou os 103 anos.

Bienvenido Antelo naceu en Gosende, no veciño concello da Baña, pero casou en Landeira (Negreira), onde vivía con José Antonio e a súa muller, o menor dos seus catro fillos. O 14 de abril de 2016 reuniuse a familia para celebrar o século de vida dun home que con dezanove anos tocoulle vivir de cheo a contenda da Guerra Civil, no bando republicano, porque colleulle en Madrid e ata estivo interno nun campo de concentración na desembocadura do río Jarama no Tajo.

Os actos fúnebres por Bienvenido Antelo terán lugar hoxe, a partir das catro menos cuarto da tarde, coa condución dende o tanatorio de Fontecada ata a igrexa de San Estevo de Landeira, e posteriormente recibirá sepultura no panteón familiar do cemiterio da súa parroquia.