Melide volve recrear esta noite a Santa Compaña

La Voz MELIDE

MELIDE

CEDIDA

Partirá ás oito e media da tarde de hoxe da rúa San Pedro, onde o personaxe da estadea levantará as animas para iniciar un percorrido dunha hora e media de duración polo casco vello e polo centro da vila

31 oct 2024 . Actualizado a las 05:05 h.

A Santa Compaña —esa procesión de ánimas presente no imaxinario popular galego— volverá saír de rolda polas calles de Melide, nunha recreación que partirá, ás oito e media da tarde de hoxe, da rúa San Pedro, onde o personaxe da estadea levantará as animas para iniciar un percorrido dunha hora e media de duración polo casco vello e polo centro da vila. Momentos antes, interpretarase o «Romance da Lavandeira» na próxima fonte dos Catro Caños, que será «un dos catro grandes focos interpretativos do percorrido», como di Cristina Vázquez Neira dende o museo melidense, que hai seis anos impulsou a iniciativa. Uns oitenta veciños participan na recreación da Santa Compaña, que terá un recordo para dous «entusiastas» que xa non están —Emilio Ares e Tere Louzao—, coa interpretación teatral da lenda «A pantasma da casa de Atá», a cargo de Charamela. Herba Grileira é outro dos colectivos locais que participan —no seu caso musicalmente— na representación, con personaxes como o alcalde, o cura e o alguacil que lle dan consistencia real.