
Os galardóns foron entregados no IES Rosalía de Castro, que organiza o concurso xunto a Arrainos Producións
08 jun 2024 . Actualizado a las 04:55 h.Alumnado do CEIP Plurilingüe da Ramallosa e do IES de Melide gañaron nas súas respectivas categorías na nova edición dos Premios Internacionais de Podcast Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos.
No caso do centro de Teo impúxose en Primaria co traballo «O violino de Villalta: o outro lado da música e da literatura». Pola súa banda, o IES de Melide, con «A culpa de todo tena Rosalía», compartiu ese primeiro posto co IES Politécnico de Vigo. Os galardóns organizados polo IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, en colaboración coa Secretaría Xeral de Lingua da Xunta, foron entregados onte no centro compostelán.