Melide estrea as xornadas do CCG sobre cultura medieval

La Voz MELIDE / LA VOZ

MELIDE

01 dic 2022 . Actualizado a las 05:05 h.

A primeira edición das xornadas sobre a cultura medieval que organiza o Consello da Cultura Galega (CCG) en Melide para conmemorar a decisiva asemblea que, en 1520, se celebrou na vila permitiu afondar, este mércores, no coñecemento dos cruceiros góticos galegos. Sobre eles, dos que hai constancia de dezanove en toda Galicia, falou Fernando Arribas, a quen lle tomou a palabra para facer o propio sobre o cruceiro do Home Santo, en Santiago, Clodio González. Pola súa banda, Xosé María Lema e Xurxo Broz afondaron, respectivamente, nos cruceiros góticos de Fisterra e de Vimianzo, e no de Melide, o máis antigo de todos.