Os melidenses despiden con pesar ao seu mestre de teatro

La Voz MELIDE / LA VOZ

MELIDE

CEDIDA

Jesús Gómez Lareo impulsou hai 14 anos a creación de Charamela

30 abr 2021 . Actualizado a las 23:26 h.

O teatro está de loito en Melide. O home nostálxico, familiar, cariñoso, e con carácter -non, non está rifado co afecto- que sementou en varias xeracións de melidenses o querer polas artes escénicas dixo adeus. Jesús Gómez Lareo, «Suso de Fidalgo» para os seus veciños, herdou do seu pai o sobrenome, e a devoción pola interpretación. Artista de vocación e empregado de banca de profesión, impulsou, hai 14 años, a creación de Charamela, o grupo de teatro afeccionado da localidade. Os 68 anos que tiña entón non foron obstáculo para dirixir, de maneira altruísta, unha agrupación coa que recuperou as veladas teatrais que, na década dos 50, eran ocio costumista en Melide. Familiares, amigos e achegados despedírono onte con gran pesar, deixando constancia do bo recordo que queda dun home bo de corazón, e xeneroso de espírito.