Premian ao IES de Melide por fomentar o uso do galego


melide /la voz

O IES de Melide vén de recibir o premio Mil Primaveras na categoría de mellor proxecto de fomento do galego entre a infancia e a mocidade polo programa Eu presumo de galego, unha iniciativa transversal que implica, amén de á comunidade educativa, a entidades, asociacións e empresas locais. «A partir dunha actividade concreta como un concerto, o IES de Melide creou un proxecto transversal que inclúe accións relacionadas coas matemáticas, a tecnoloxía, o traballo coa madeira, a radio ou a edición de vídeo», explica o fallo do xurado, que destacou do proxecto o impulso a «coñecementos que garanten unha plena competencia comunicativa en lingua galega e favorece a reflexión sociolingüística nun contexto galegofalante». Corenta e sete proxectos se presentaron aos Premios Mil Primaveras, convocados pola Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Premian ao IES de Melide por fomentar o uso do galego