Premio a título póstumo a Mingos de Pita pola súa defensa da lingua galega

La Voz

MELIDE

09 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Servizo de Normalización Lingüística da Terra de Melide vén de conceder a título póstumo a Xosé Domingos Fuciños o premio co que, dende hai sete anos, recoñece a persoeiros, colectivos e institucións que contribúen co seu traballo á defensa do galego. O colectivo valorou ese facer en Mingos de Pita, como popularmente era coñecido o homenaxeado, nas súas facetas de músico, político e activista cultural.