Arranca en Melide o cuarto Mercado Medieval, antesala das festas de San Roque

Máis de 75 postos de artesanía, gastronomía e xoguetes, xunto con actuacións, xogos e obradoiros encherán as prazas do centro histórico

la voz

Melide inaugurou onte a cuarta edición do Mercado Medieval, antesala das súas festas grandes, o San Roque.

Esta apertura foi ás 18 horas na praza do Convento do pobo, da man dunha actuación musical. A súa alcaldesa, Ánxeles Vázquez, acompañada polo grupo de goberno, deu unhas palabras para convidar a todos aqueles que así o desexen a participar no mercado coa indumentaria de época.

Melide aínda ten por diante dous días máis nos que o casco antigo se engalana e no que os melidenses se visten de medievais para gozar dun amplo abano de actividades. Máis de 75 postos de artesanía, gastronomía e xoguetes, xunto con actuacións musicais, xogos e obradoiros de oficios encherán as diferentes prazas do centro histórico da vila.

Unha das novidades deste ano é que os cativos que participan nos campamentos urbanos, un total de 85, integraranse tamén no mercado, coas roupas propias da Idade Media e facendo actividades a pé de rúa.

O mercado é boa unha oportunidade para que Melide ensine o seu patrimonio artístico e cultural, e así será aproveitada.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Arranca en Melide o cuarto Mercado Medieval, antesala das festas de San Roque