Xornada de ocio escolar polo galego

La Voz

MELIDE

30 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Alumnos dos colexios e do IES da comarca de Melide saíron onte á rúa para participar un ano máis no Corremelide, como así se chama o maratón polas rúas do casco vello que se celebra nun xesto para reivindicar o uso do galego. O epicentro da xornada foi a praza do Convento, convertida para a ocasión nun parque de xogos populares.