Brenda Mondelo recibe en Dodro o premio Eusebio Lorenzo Baleirón polo poemario «Neve»

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

DODRO

cedida

«É algo moi valioso que vou a recordar sempre», sinalou a escritora no acto de entrega

10 dic 2022 . Actualizado a las 21:43 h.

A poeta lucense Brenda Mondelo recibiu onte o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dodro, pola súa obra «Neve». A escritora amosou un agradecemento especial polo galardón por ser moi admiradora do poeta, do que recoñeceu estar moi influenciada pola súa poesía. «É algo moi valioso que vou a recordar sempre», sinalou.

O premio, dotado con 2.500 euros e a publicación da obra gañadora, está considerado un referente da literatura galega. Proba diso foi o elevado nivel de participación, xa que o xurado tivo que escoller entre medio cento de traballos inscritos.

O acto celebrouse no CPI de Dodro, centro que acolle a exposición «EUsebio», unha mostra sobre o autor local feita polo alumnado. A tamén poeta Elvira Ribeiro Tobío presentou o acto, no que o Concello estivo representado polo alcalde, Francisco Xabier Castro Tourís, e polo concelleiro de Cultura, Xoán Xosé Vicente Franco. E Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía falou das súas vivencias co poeta ao que Dodro homenaxea hai 36 anos con este concurso.