O Concello de Dodro nomeará Filla Adoptiva a Rosalía Castro

La Voz DODRO / LA VOZ

DODRO

ALVARO BALLESTEROS

A decisión adoptarase no pleno do vindeiro xoves, día 11

09 ago 2022 . Actualizado a las 05:05 h.

O goberno local de Dodro levará esta semana a pleno unha proposta para conceder o título honorífico de Filla Adoptiva, á título póstumo, á poetisa Rosalía de Castro. Esta proposta parte da concellería de Cultura e Turismo, que a defende como mostra de recoñecemento á súa excepcional traxectoria literaria e á súa contribución á cultura galega, así como xesto de afecto e gratitude á insigne autora galega polo labor prestado ao coñecemento e promoción do municipio de Dodro e ao seu patrimonio. Tamén recolle a proposta municipal que a xeografía vital e literaria de Rosalía de Castro é rica e complexa, pero nela ocupa un lugar de primeira orde o concello de Dodro. Por iso, o goberno deste municipio anima aos veciños a asistir á sesión, que terá lugar este próximo xoves, día 11, ás oito da tarde.