Trinta traballos optan ao Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro

U. López DODRO / LA VOZ

DODRO

ALVARO BALLESTEROS

El ganador se dará a conocer el próximo 6 de noviembre

17 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A convocatoria do XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón do Concello de Dodro pechou a primeiros de mes coa presentación de 30 traballos. O Concello nomeou como responsable do bo desenvolvemento do certame á poeta, profesora e tradutora Elvira Ribeiro Tobío, quen conta cunha importante traxectoria no mundo literario e cunha extensa obra en lingua galega.

O xurado está composto por Rexina Rodríguez Veiga, escritora e docente; Silvia Penas Estévez, poeta, perfomer e actriz; Oriana Méndez Fuentes, poeta e Francisco Valeiras González, poeta gañador da pasada edición do certame.

O vindeiro 6 de novembro este tribunal dará a coñecer a obra gañadora do certame. O acto oficial de entrega terá lugar o día 11 de decembro, case, coincidindo coa data do aniversario do falecemento de Eusebio Lorenzo Baleirón, poeta de Dodro ao que o certame rende homenaxe, sendo xa un dos máis importantes en lingua galega e todo un orgullo para o concello.