A primeira andaina de Dodro nocturna é o día 26, con dez quilómetros

La Voz

DODRO

08 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A concellaría de Deportes de Dodro e a Asociación Colectivo Remonte promoven a primeira andaina nocturna deste Concello. Será o sábado día 26, con saída ás dez e media da noite dende o pavillón polideportivo de Dodro. O percorrido é circular, de dez quilómetros de lonxitude e baixa dificultade. O número de prazas disponible é de 150 e a entrega de dorsais comezará as nove e media da noite. Ao finalizar a camiñata, os participantes recibirán un diploma e chocolate.