Dodro limpa de cabichas o concello, coincidindo co Día Mundial da Saúde

u. lópez DODRO / LA VOZ

DODRO

cedida

O Concello explica que cada residuo do tabaco pode contaminar ata 50 litros de auga

09 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Coincidindo co Día Mundial da Saúde, o 7 de abril, o Concello de Dodro, a través do seu programa Sostible, e a Unidade de Prevención de Condutas Aditivas de Dodro, Padrón, Rois e Valga crearon o proxecto titulado

Por un lado, persoas usuarias da asociación Andaina Pro Saúde Mental e, por outro, alumnado de quinto curso de Educación Primaria e terceiro de Secundaria do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

Segundo explican dende o Concello, tendo en conta que cada cabicha que remata no chan pode contaminar ata 50 litros de auga potable, a recollida supuxo salvar 100.000 litros de auga, cantidade necesaria para abastecer á poboación do concello de Dodro durante 18 días.