Dodro edita un vídeo para promover a matriculación nos centros educativos do concello

La Voz DODRO / LA VOZ

DODRO

cedida

Resaltan «o trato directo entre educadores e os diversos actores da educación que fan desta un relación case familiar»

19 feb 2021 . Actualizado a las 23:35 h.

O Concello de Dodro ten en marcha unha campaña para promover a matriculación nos centros educativos do municipio: escola infantil, unitarias do Centro Rural Agrupado (CRA) e Centro Público Integrado (CPI) Eusebio Lorenzo Baleirón. A campaña inclúe un vídeo no que se recolle o modelo de educación en Dodro de modo que varias testemuñas, como exalumnos, a directora do CRA e familias, resaltan «o trato directo entre educadores e os diversos actores da educación que fan desta un relación case familiar», destacan fontes municipais.

Entre as vantaxes, o Concello destaca a nivel do CRA que as familias poden decidir a que escola (Bexo, Chenlo, Vigo e Lestrove) levan os seus nenos, independentemente da aldea do na que residan. Nestes centros resalta, ademais, a educación moi personalizada debido ó número de alumnos tan baixo». Do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón fala dun proxecto común para todos os cursos que abarca temas multidisciplinar. O Concello tamén destaca «a pouca masificación das aulas», tanto no CRA como no CPI e, en xeral, fala de «proximidade e calidade» para definir a educación neste municipio.