Presentadas 25 obras ao Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro

u. lópez DODRO / LA VOZ

DODRO

04 nov 2020 . Actualizado a las 05:05 h.

Un total de 25 poemarios concorren ao XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que convoca o Concello de Dodro. Este nomeou a Elvira Ribeiro como responsable do desenvolvemento do certame. O próximo día 21 o tribunal dará a coñecer a obra gañadora e, se a evolución da pandemia non o impide, o acto de entrega do galardón terá lugar o 12 de decembro, case, coincidindo coa data do aniversario do falecemento de Eusebio Lorenzo Baleirón.

O xurado designado polo Concello para valorar os 25 traballados presentados está composto por Ana Belén Salgado, crítica literaria, lingüista e profesora; Míriam Ferradáns, poeta galega; Iolanda Pérez Zúñiga, escritora galega e Antón Blanco Casás, poeta gañador da pasada edición.