Talleres, teatro e música con Nadal en Rede

La Voz

DODRO

14 dic 2018 . Actualizado a las 04:55 h.

O programa de dinamización lingüística Nadal en Rede programa teatro, música e talleres en Santiago e outros dez concellos da área compostelá. Haberá concertos de Lucía Pérez en Padrón; María do Ceo, en Frades; e Senén e compoñentes de A Roda, en Dodro.

Pola súa parte, os obradoiros de xogos de mesa en galego chegarán a Ordes -a sesión será mañá, de 11.00 a 13.00 horas, no local social da rúa Reconciliación-, Santiago e Oroso. A programación completarase co espectáculo Puño Puñete de Baobab Teatro en Melide e Vedra. A programación foi presentada onte polo secretario xeral de Política Lingüística.