Dodro suma máis apoios ao Día das Letras para Eusebio Lorenzo

La Voz DODRO / LA VOZ

DODRO

CEDIDA

O claustro de profesorado do centro público integrado que leva o nome do poeta tamén se suma á petición

07 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O claustro de profesorado do Centro Público Integrado Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro apoia a proposta aprobada en pleno por todos os grupos do Concello, a iniciativa da Unidade Veciñal, para solicitar á Real Academia Galega a homenaxe ao escritor co Día das Letras Galegas. Asimesmo, todo o centro se suma a campaña promovida polo Concello de Dodro baixo o título de «Letras para Eusebio».

Neste senso, o colexio ten un cartel dispoñible na conserxería, de apoio ao escritor, para quen queira participar sacando unha foto co mesmo para compartila despois.

O colexio súmase, ademais, a campaña iniciada a nivel político, cunha moción da Unidade Veciñal, para pedirlle a Real Academia Galega que lle dedique o 17 de maio dun ano ao autor de Laíño, proposta que xa agradeceu en nome da familia Manuel Lorenzo Baleirón, irmán de Eusebio. Dende o claustro de profesores do centro público falan de que se «a morte presentida non o levara canda el, estariamos a falar hoxe de Eusebio Lorenzo Baleirón coma dun dos mellores poetas vivos do noso sistema literario».