Xerardo Quintiá gaña o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro

Dodro / la voz

DODRO

Ofrenda floral realizada en el cementerio de Dodro, donde está enterrado Eusebio Lorenzo Baleirón
Ofrenda floral realizada en el cementerio de Dodro, donde está enterrado Eusebio Lorenzo Baleirón

O xurado destacou o estilo «sobrio, limpo que vai ao esencial»

15 dic 2015 . Actualizado a las 13:43 h.

O Concello de Dodro fallou o sábado o XXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, nun acto celebrado na Casa de Cultura. O xurado, integrado por Malores Villanueva, Ánxela Gracián, Ramón neto e Neves Soutelo, elixiu por unanimidade a obra de Xerardo Quintiá Fornelos&Fornelos, Segunda Fundación, polo seu «estilo sobrio limpo que vai ao esencial, mantendo sempre un ritmo constante que alterna poemas con moita musicalidade con outros máis próximos á prosa ou á lingua falada, dándolle riqueza tonal».

O poemario é unha constante reflexión do que somos, facendo unha intersección entre pasado e presente, con referencias culturais da literatura universal que enriquecen o texto e lle dan un novo sentido, segundo o xurado.

Antes do fallo, o xurado, acompañado por familiares e amigos do escritor, así como polo alcalde Valentín Alfonsín e a concelleira de Cultura, Adriana Sóñora, fixeron a tradicional ofrenda floral no cemiterio de San Xián de Laíño, onde Eusebio Lorenzo Baleirón fica soterrado.