Dez obras concorren ao Premio Eusebio Lorenzo Baleirón

U.L.

DODRO

08 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

O Concello de Dodro fixo público o nome dos membros do xurado da vinte edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, ao que este ano se presentaron un total de 10 obras. Deste modo, está presidido polo propio alcalde Arturo Díaz Díaz e, como vocais, o poeta, crítico literario e profesor Xesús Rábade Paredes; a poeta Marica Campo; o tamén poeta e gañador da anterior edición do certame Rafa Villar e, por último, a autora Antía Otero. Como secretario actuará o concelleiro de Cultura de Dodro, Anxo Franco Vidal.

O xurado reunirase o sábado 15 de decembro na Casa da Cultura de Dodro para seleccionar a obra gañadora e dar a coñecer o fallo. O domingo 23 terá lugar a entrega do premio.

Por outra parte, o Concello decidiu ampliar o plazo de inscripción para a escola de música de modo que estará aberto ata o día 14. Asimesmo, anunciou que, coa nova organización de horarios, a aula de informática da Casa da Cultura estará aberta ata as 10 da noite «de forma experimental para comprobar a demanda», de modo que de cara o vindeiro ano poderían crearse varias zonas Wifi no concello.