O galardón está dotado con 7.000 euros e a publicación da obra
31 oct 2025 . Actualizado a las 04:55 h.O Concello de Brión, en colaboración coa Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas, convocou a sétima edición do Premio Laudamuco para Textos Teatrais. O certame trata de incentivar e apoiar a dramaturxia en lingua galega e contribuír ao recoñecemento da figura de Roberto Vidal Bolaño. Os orixinais pódense presentar ata as 23 horas do 30 de xaneiro en formato dixital a través do correo premiolaudamuco@concellodebrion.gal. O galardón está dotado con 7.000 euros e a publicación da obra.