O Festival de Títeres en Brión chega ás 25 edicións

La Voz

BRIÓN

cedida

As actuacións serán do 28 ao 30 de decembro

08 dic 2020 . Actualizado a las 04:55 h.

O Concello de Brión celebra este ano as vinte cinco edicións do seu Festival de Títeres con actuacións os días 28, 29 e 30 deste mes. As representacións serán ás 18 horas. O luns 28 será o día de «As bombas e o xeneral», de Cándido Pazó. O martes represéntase «O lobo e a lúa», de Baobab Teatro ; e o mércores, Pérez & Fernández pechan con «O poder de Amabel».

A novidade deste ano é que, por mor das medidas de prevención contra a covid-19, aínda non están decididos os espazos nos que ofrecer as representacións.

Para asistir de calquera das actuacións é preciso reservar entradas chamando previamente ao teléfono 981 50 99 08. Se a demanda de entradas é moi elevada, as actuacións celebraranse no pavillón polideportivo municipal. En caso contrario, o espazo elixido será o salón de usos múltiples do centro social polivalente.