A celebración de orixe celta baseada na historia da raíña Alda terá lugar o domingo 21 ás 13.00 horas
16 jun 2026 . Actualizado a las 09:04 h.O Pico Sacro, en Boqueixón, será escenario o domingo (13.00 horas) da Cerimonia do Lume Sagrado, unha celebración de orixe celta baseada na historia da raíña Alda e que recuperará de forma simbólica a tradición dos devanceiros de obter o lume sagrado directamente do sol durante a festa do solsticio de verán. Con ese propósito de darlle a benvida a estación estival, este evento contará coa participación dos integrantes da Asociación do Castro da Fervenza de Callobre (A Estrada), que recrearán ese antigo ritual caracterizados como a Raíña Alda e o seu séquito. As persoas que desexen unirse ao séquito da asociación poden solicitar un traxe no Departamento de Formación, Emprego e Turismo de Boqueixón antes do venres no mail boqueixonturismo@gmail.com ou no teléfono 981 513 061.