Un cento de maiores participan nunha comida, organizada pola Asociación de Teatro
21 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Festa en Boqueixón
A Asociación de Teatro de Boqueixón, presidida por Virtudes Rozas, celebrou a súa xuntanza anual para despedir o ano, facer balance do traballo desenrolado neste 2025 e planificar os proxectos de cara ao 2026. Todos se mostraron satisfeitos co traballo e coas actividades feitas neste ano que toca ao seu fin. Na comida contouse con case un cento de maiores, que tiveron a oportunidade de compartir experiencias e recordar anécdotas, por cuestións vinculadas ao teatro como outras de vivencias ao longo da vida. Houbo momentos para agasallos e agradecementos.