O Pleno de Arzúa aproba dúas solicitudes para financiar a ponte que unirá Maroxo e Lema

R. N. SANTIAGO / LA VOZ

ARZÚA

Puente de Maroxo, en Arzúa
Puente de Maroxo, en Arzúa Noguerol

O proxecto ten un orzamento que supera os 311.000 euros

04 ago 2026 . Actualizado a las 05:05 h.

O Concello ratificou no pleno dous acordos para avanzar no financiamento da reconstrución da ponte do río Iso, na Pastoriza, que unirá directamente as parroquias de Santa María de Maroxo e San Pedro de Lema. O proxecto supón un orzamento de 311.568 euros, dos que 257.494 corresponden á execución da obra, e 54.074 teñen que ver co IVE. A corporación decidiu solicitar unha subvención nominativa de 205.995 euros á Deputación. Ademais, tamén se aprobou unha moción presentada polo grupo do goberno para pedir á Consellería do Medio Rural unha achega de 51.499 euros, correspondente ao 20% restante da obra. Con estes dous acordos, o Concello seguirá na busca dos 54.074 euros necesarios de IVE para poder levar a cabo o proxecto.

A reconstrución da ponte comunicará as parroquias de Maroxo e Lema, mellorará o acceso ás vivendas, favorecerá a circulación da maquinaria agrícola e permitirá unha resposta máis áxil dos medios sanitarios, de emerxencias e de seguridade.