Arzúa lanza unha campaña para que lle dediquen o Día das Letras a Ánxel Casal

La Voz ARZÚA / LA VOZ

ARZÚA

CEDIDA

A iniciativa parte da asociación arzuá que leva por nome a do editor e político galeguista

02 oct 2019 . Actualizado a las 05:05 h.

Arzúa impulsará unha campaña para que o Día das Letras Galegas se lle dedique no 2021 a Ánxel Casal, xa que o vindeiro ano celebrarase o 125 aniversario do seu nacemento. A iniciativa partirá da asociación arzuá que leva por nome a do editor e político galeguista; un colectivo que días atrás se volveu constituír baixo a presidencia de Celso Alberte Magariños. «Ánxel Casal, 125 anos con nós» será o lema desa campaña, que «pretende ser o motor dun traballo inclusivo para incorporar o maior número posíbel de entidades sociais e culturais do país para a difusión e promoción da figura de Ánxel Casal por toda Galiza, coa fin de acadar o recoñecemento á súa figura para as Letras Galegas 2021», explica Magariños. O novo presidente da Asociación Cultural Ánxel Casal considera que «sen unha figura como a de Casal, que editou centos de obras de autores galegos da época, non se entendería a literatura galega moderna».