A primeira feira do libro de Arzúa tamén terá actividades infantís e música

Habrá un espacio de ocio para el público infantil


arzúa / la voz

Librarías, editoriais, postos de coleccionismo, deseño gráfico e particulares participarán con expositores na Feira do Libro de Arzúa, que a vindeiro fin de semana, celebrará a súa primeira edición na rúa Cima do Lugar, en pleno Camiño Francés. O departamento municipal de Cultura deu a coñecer a programación que se desenvolverá de xeito paralelo ao mercado, no que se poderán mercar libros, vinilos, cedés, xoguetes educativos e outros artigos novos, de ocasión, de segunda man ou sen catalogar.

Coincidindo coa apertura da feira o sábado, porase a disposición do público infantil un espazo de ocio no que os cativos da casa poderán ler e debuxar. Tamén se abrirá a exposición do XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas na Capela da Madanela e, xa pola tarde, haberá a actuación de Picadiscos Mari Faltri, dirixida ao público infantil e familiar. O sorteo dun lote de libros pechará a feira.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A primeira feira do libro de Arzúa tamén terá actividades infantís e música