Os Garceiras volven tocar a gaita en Arzúa

La Voz

ARZÚA

Noguerol

Músicos de toda Galicia participaron na Festa da Gaita

15 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Músicos de toda Galicia déronse cita onte en Arzúa con motivo da Festa da Gaita Galega, que, na súa sétima edición, homenaxeou a Os Garceiras, un grupo de Melide, hoxe sen actividade, que espallou a música popular galega nos anos da ditadura. O recinto feiral acolleu un xantar de confraternidade, logo do que preto de trinta agrupacións participaron nunha ruta de cantos de taberna

polos bares da vila.