Arzúa organiza para finais de abril a súa primeira feira do libro

La Voz ARZÚA / LA VOZ

ARZÚA

Os negocios interesados en participar, con carácter gratuíto, disporán do 2 ao 13 de abril para presentar as solicitudes no Concello

29 mar 2018 . Actualizado a las 05:10 h.

Dinamizar cultural e comercialmente a vila, e promover o hábito lector son os obxectivos que se perseguen coa primeira Feira do Libro organizada polo Concello de Arzúa, dende onde aproveitarán a recentemente acondicionada e peonil rúa da Cima do Lugar para habilitar un espazo no que cada comerciante, que obrigatoriamente terá que expoñer artigos de lectura, poderá vender libros, revistas, manuais de colección, cómics, xoguetes educativos, discos de vinilo, CD, e casetes, orixinais, novos, de segunda man ou sen catalogar.

Os negocios interesados en participar na feira, que será de carácter gratuíto tanto para expositores como para visitantes, disporán do 2 ao 13 de abril para presentar no Concello as solicitudes.