Serafín Marcos empeza en Arzúa a súa xira sobre Carlos Casares

Fai un percorrido pola vida e a obra do escritor


Hoxe • Instituto de Arzúa • 11.30 e 13.30 horas • O polifacético artista noiés Serafín Marcos empezará hoxe a súa transformación para converterse en Carlos Casares, un papel que desempeñará ata finais de maio. Mediante un monólogo, ilustrará aos alumnos do instituto de Arzúa sobre a vida e a obra do escritor homenaxeado nesta edición das Letras Galegas.

Con esta montaxe, titulada As paisaxes de Carlos Casares, o actor percorrerá ao longo dos vindeiros meses máis de vinte centros educativos. Na súa axenda, que aínda non está pechada, figuran paradas en Muros, Noia, Boiro, Porto do Son e A Pobra.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Serafín Marcos empeza en Arzúa a súa xira sobre Carlos Casares