Ames contará con xogos, contos, teatro, maxia, cine e baile para impulsar o galego

La Voz

AMES

O alcalde de Ames e técnicas presentaron a programación de Apego
O alcalde de Ames e técnicas presentaron a programación de Apego .

O programa Apego retomará este mércores a súa programación con Brincadeiras Miúdas na Carballeira dos Trasnos de Ventín

02 sep 2026 . Actualizado a las 04:55 h.

Brincadeiras Miúdas alza o pano hoxe en Ames á programación do último cuadrimestre do ano do programa Apego, que ten como obxectivo «que se fale galego, para que siga existindo e transmitíndose entre as distintas xeracións, así como estimular e facilitar o coñecemento da nosa lingua», segundo incidiu o alcalde e responsable de Normalización Lingüística, Blas García. Serán máis dunha ducia de propostas que inclúen música de diferentes estilos, xogos, contos, teatro, baile, obradoiros, maxia, cine, arrolos...

A primeira cita é hoxe, ás 18 horas, na Carballeira dos Trasnos de Ventín, onde haberá música, xogo e divertimento da man de Cé Orquestra Pantasma. A entrada é de balde e non fai falta inscrición previa. As seguintes citas deste mes serán o venres 11 con Paco Nogueiras, o martes 29 con Migallas Teatro e o día 30 con Bea Campos. Ata final de ano tamén pasarán por Ames Cris de Caldas, Miguel Forján, Raquel Queizás, Brais das Hortas, Iseo a Moura, A Cova das Letras, Sonsoles Penadique, Chechu Riquelme, A Banda da Montaña e a Fundación Legar. En outubro destaca o Festimax entre o 23 e o 25, e en novembro desenvolverase entre os días 13 e 15 outra entrega de Cinema Miúdo. Non faltarán, ademais, as actividades de lectura.