O ciclo de monólogos de Ames ofrecerá catro espectáculos dobres

La Voz SANTIAGO

AMES

Presentación do ciclo de monólogos que organiza o Concello de Ames
Presentación do ciclo de monólogos que organiza o Concello de Ames

Actuarán Leti da Taberna, Josito Porto, Celso Fernández Sanmartín, Luis Rey, Marita Martínez, Carla Mañas, Fernando Palitos e Irene Medín

29 abr 2026 . Actualizado a las 04:50 h.

21 ao 24 de maio • 21.00 horas • Casas da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro • O Concello de Ames presentou o terceiro ciclo de monólogos, que se celebrará en Bertamiráns e O Milladoiro. Organizado polo departamento de Cultura, regresa tras a boa acollida das anteriores edicións e combinará artistas consolidados con novos talentos: Leti da Taberna, Josito Porto, Celso Fernández Sanmartín, Luis Rey, Marita Martínez, Carla Mañas, Fernando Palitos e Irene Medín, nun programa con catro sesións dobres.

A apertura será o xoves 21 en Bertamiráns, con Josito Porto e Luis Rey; seguido de funcións o venres 22 no Milladoiro (Marita Martínez e Carla Mañas), o sábado 23 en Bertamiráns (Leti da Taberna e Irene Medín) e o peche o domingo 24 no Milladoiro, con Celso Fernández e Fernando Palitos.

O alcalde, Blas García, destacou a vontade de consolidar o ciclo e subliñou o seu carácter inclusivo, coa presenza de interpretación en lingua de signos na última xornada. As entradas están dispoñibles na billeteira electrónica municipal.