Os asistentes cantaron e bailaron ao son de Uxía Lambona e a Banda Molona, A Gramola Gominola e As Maianas
18 abr 2026 . Actualizado a las 04:50 h.Ames pechou onte a cuarta edición de «Modo Galego, actívao!» cun animado festival en Bertamiráns no que a rapazada cantou e bailou ao ritmo de Uxía Lambona e a Banda Molona, A Gramola Gominola e As Maianas. Tanto o alcalde como o presidente da RAG destacaron os bos resultados da iniciativa.