Participarán As Maianas, Uxía Lambona e a Banda Molona e A Gramola Gominola
17 abr 2026 . Actualizado a las 04:50 h.De 17 a 21 horas • Explanada do pavillón de Deportes de Bertamiráns (Ames) • O Concello de Ames e a Real Academia Galega pechan a cuarta edición do programa «Modo Galego, actívao!» cun festival homónimo que reunirá esta tarde ao grupo de música tradicional amesá As Maianas e a dúas das bandas de referencia da música infantil en galego: A Gramola Gominola e Uxía Lambona e a Banda Molona. Poden asistir todo o alumnado dos centros de ensino de educación infantil e primaria participantes este ano no programa xunto coas súas familias. Tamén poden recoller un convite no Servizo de Normalización Lingüística as familias que forman parte do programa Apego.
A organización fixou para aparcar espazos na rúa dos Loureiros, na Avenida da Peregrina, no aparcadoiro ao lado do IES de Ames e na avenida José Luis Azcárraga. A recomendación por parte da organización é que os que poidan accedan a pé.