O prazo para presentar os textos remata o 30 de abril
24 mar 2026 . Actualizado a las 04:55 h.O Concello de Ames convocou unha nova edición do Certame Literario, que constará de dúas modalidades: narrativa e poesía. Cada unha delas ten tres categorías en función das idades: menores de 13 anos; rapazada de entre 14 e 17; e maiores de 18. Para cada modalidade e categoría establécense tres premios en metálico. En total, o certame repartirá 3.800 euros. Ademais, o Concello de Ames publicará os traballos premiados. Os interesados en participar teñen ata o 30 de abril para presentar os textos, que deben ser inéditos e en galego.
O certame foi presentado este luns polo alcalde, Blas García, e a técnica de Normalización Lingüística Rosa Moreiras. «É unha das actividades máis sólidas do Concello», afirmou o rexedor.