Tamén proxectará «+Cuñados» e «Os espazos en branco»
09 nov 2024 . Actualizado a las 04:55 h.O Concello de Ames pon en marcha unha nova edición do programa Cine de Outono, que programa tres proxeccións ao longo dos martes deste mes na Casa da Cultura do Milladoiro a partir das 20 horas. O primeiro dos filmes será, precisamente, «As Neves», que hoxe se pode ver en Cineuropa. Ao final haberá un coloquio co actor David Rodríguez. O día 19 chegará «+Cuñados», de Luis Avilés. A última sesión será o 26 de novembro, coa proxección de «Os espazos en branco», do vigués Bruno Arias. As entradas xa se poden adquirir a través da billeteria electrónica do Concello de Ames.