Ames celebrará Santa Icía con Luis Fercán, coros, tango e violíns

La Voz

AMES

.

A programación desenvolverase do 20 ao 24 de novembro

30 oct 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

Ames organiza entre os días 20 e 24 de novembro unha programación especial con motivo de Santa Icía, patroa dos músicos. Ademais de concertos e actuacións, incluirá un espectáculo de danza. A programación comezará o mércores 20, ás 19 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, co concerto dos combos e agrupacións da Escola Municipal de Música de Ames. Ao día seguinte, o santiagués Luis Fercán recalará na Casa da Cultura de Bertamiráns (20.30 horas) coa xira «Postales perdidas».

O día 22 será a quenda na Casa da Cultura do Milladoiro (20.30 horas) do espectáculo de tango «Azúcar, pimienta y sal», no que o cantor de tango Héctor Rial actuará acompañado doutras voces, bailaríns e música. Haberá tangos, valses e milongas de distintas épocas. «Repasaremos as orixes do tango e os grandes títulos do xénero», afirmou Rial, que participou na presentación da programación encabezada polo alcalde de Ames, Blas García.

O día 23 haberá un concerto na Casa da Cultura de Bertamiráns (19 horas) co Coro de Pais Conservatorio de Música de Maia (Portugal), Pandeireteiras da Costaneira e a Coral Polifónica de Bugallido. O peche será o 24 cunha velada violinística con Anxo Gómez Piñeiro (violín) e Haruna Takebe (piano).