O uso do galego na empresa ten un premio de 1.500 euros en Ames

Maria Rodriguez SANTIAGO / LA VOZ

AMES

CEDIDA

O Concello  recoñecerá por sétimo ano o uso da lingua propia con dúas modalidades de participacion

25 oct 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

O Concello de Ames convoca a sétima edición dos premios Lingua e Empresa, que recoñecen o uso do galego na actividade económica do municipio. As bases inclúen dúas categorías con 1.500 euros en cada unha delas. A primeira inclúe a empresas con uso consolidado e estable do galego na súa actividade diaria dende hai máis de dous anos, e a segunda recoñece ás empresas que naceron nos dous últimos anos e que utilizan o galego de xeito habitual.

A presentación de candidaturas remata o 21 de novembro. As empresas teñen que ter sede social ou o seu centro de actividade en Ames.