Lara Torea e Carla Crespo, do IES de Ames, gañan os Premios Minerva de narración e poesía

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

AMES

Reunión do xurado dos Premios Minerva
Reunión do xurado dos Premios Minerva Cedida

Os galardóns serán entregados o 12 de abril no Colexio M. Peleteiro

11 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Dúas alumnas do IES Plurilingüe de Ames, Lara Torea Suárez e Carla Crespo Berdullas, son as gañadoras da nova edición dos Premios Literarios Minerva do Colexio M. Peleteiro. O xurado, que se reuniu este pasado xoves, destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos, o que semella garantir o futuro das letras galegas. A entrega dos galardóns están prevista para o vindiero 12 de abril nun acto literario no que actuará como mantedor o escritor, mestre e poeta Antonio García Teijeiro.

Lara Torea impúxose en narración con Fase tres. Tras ela quedaron Rosalía Bernárdez (IES Leiras Pulpeiro de Lugo) e Marta Rodríguez (IES Eusebio da Guarda de A Coruña). Os accésits foron para Samuel López (IES Eusebio da Guarda de A Coruña), Isabel Carballal (Colexio M. Peleteiro) e Isabel Miragalla (Colexio Franciscanos de Lugo). En poesía, tras Carla Crespo, con Sangue da miña ialma, situáronse Carmen Rosales (IES Illa de Tambo de Marín) e Eloy Morán (Colexio Peleteiro). Amalia Blanco (IES Terra do Xallas), Andrés Collantes (La Salle de Santiago) e Paula Expósito (IES Antonio Fraguas) conseguiron accésits.

O xurado destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos, o que semella garantir o futuro das nosas letras. «Agardamos que moitos destes mozos sexan recoñecidos nun futuro próximo no panorama literario galego, sumándose á ampla relación de autores hoxe consagrados que comezaron a súa traxectoria nos Premios Minerva, como Xesús Rábade, Darío X. Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Berta Dávila, Olga Novo, ou o recente Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández, Ismael Ramos, e a gañadora do certame Xuventude Crea de narrativa, Alba Guzmán, entre xa tantos autores e autoras indispensables das nosas letras», sinalou o secretario do certame e profesor do Colexio Peleteiro, Mon G. Buhigas.