A Roda e Odaiko crean contraste

La Voz

AMES

MARCOS CREO

Dobre actuación na Casa da Cultura de O Milladoiro

01 ago 2020 . Actualizado a las 04:50 h.

Hoxe • 21.00 e 22.30 • Casa da Cultura de O Milladoiro • Ambas actuacións serán gratuítas e a explanada encherase ata completar o aforo. Estes actos forman parte do plan do Concello para revitalizar ás industrias culturais.

O primeiro en actuar será o grupo Odaiko, que presenta o espectáculo «Vaia Banda! Vaia Circo!». Alén da súa característica percusión, mesturarán o seu ritmo con acrobacias, diferentes elementos circenses e música.

O espectáculo foi visto por máis de 25.000 persoas desde a súa estrea. As baquetas voarán, os tambores integraranse nas acrobacias e haberá instrumentos manufacturados. Odaiko afundirá de novo nos seus tres valores de espectáculo: humor, virtuosismo e o coidado da posta en escena. Estes valores forxáronnos despois de máis de 1.500 actuacións ás súas costas.

Tamén actuará de novo no Milladoiro o popular e tradicional grupo folk A Roda. Comezarán ás 22.30 horas. O grupo leva xa preto de medio século sobre os escenarios, e contan con dezaseis traballos sobre os seus ombreiros. Os recoñecementos pasan por unha Medalla Castelao, recibida este mesmo ano, e o premio da Crítica de Galicia.